miércoles, 27 de junio de 2018

Mural dos cítricos

Os alumnos de 1º realizamos un mural sobre os cítricos onde representamos todo o que coñecemos do patrimonio cultural galego relacionado con este tipo de froitas. 

Comezamos  facendo o fondo do mural para darlle un aspecto metalizado baseándonos na obra do pintor Quintana Martelo. 



Coa axuda das familias fixemos unha recompilación de refráns, poemas, cantigas, adiviñas e chistes. 





Rematamos elaborando unha biografía do pintor. 


Como se pode ver, decoramos o mural con limóns e follas de limoeiro elaboradas con papel de periódico e cinta de carroceiro. 

Este é o resultado final despois de tanto esforzo. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario