viernes, 29 de junio de 2018

Cereixas

Os nenos e nenas de 4º fixeron o traballo sobre as cereixas, algunhas das actividades realizadas son agochar unha cereixa nun cadro de Seoane, atopar refráns referentes as cereixas e investigar receitas de cereixas na casa; inventamos poesías na clase e velaí tedes o resultado.

Na computadora investigamos as festas relacionadas con este froito e reflexamos as máis importantes.


miércoles, 27 de junio de 2018

Envasar froitos

Aproveitamos as noces para traballar co tema do aire. Vimos como todo ten aire e como se pode envasar ao vacío.

Sementes

Os alumnos de 1º investigamos como son as sementes de diversas froitas. 





Follas de outono


Ana  Martínez de 1º A presentando este traballo sobre follas e froitas de outono

Árbores de outono

Esta árbora elaborouna Erik de 1º A con material de refugallo e representa as árbores de outono.

A castaña

Zeus presentounos este traballo sobre a castaña que nos aportou moita información.

Froitos secos

Grazas a Lara de 1º A coñecemos e degustamos os froitos secos. Foi unha sorpresa agradable para @s cativ@s  probar os froitos secos naturais, sen tostar.

A castiñeira baixo o castiñeiro


A partires da aportación dun alumno de 1º A, traballamos este pareado sobre a castaña realizando este traballo sobre palabras da familia da castaña.

Magosto

Preparados para o magosto no que disfrutamos de múltiples actividades que tiñan como protagonistas os froitos secos. Como non, degustamos castañas, bailamos e cantamos coas pandereteiras e ata lle fixemos unha pequena entrevista ao castañeiro que nos visitou para asar e repartir a rica castaña. Mmmm!

Froitos secos e froitos carnosos

A partires dunha exposición elaborada por unha alumna de 1º A, fixemos unha actividade de clasificación de froitas carnosas e froitos secos. Deseñamos unha cesta facendo o entramado de mimbre con liñas paralelas, coloreamos e recortamos as froitas para pegalas na cesta correspondente.

Mural dos cítricos

Os alumnos de 1º realizamos un mural sobre os cítricos onde representamos todo o que coñecemos do patrimonio cultural galego relacionado con este tipo de froitas. 

Comezamos  facendo o fondo do mural para darlle un aspecto metalizado baseándonos na obra do pintor Quintana Martelo. 



Coa axuda das familias fixemos unha recompilación de refráns, poemas, cantigas, adiviñas e chistes. 





Rematamos elaborando unha biografía do pintor. 


Como se pode ver, decoramos o mural con limóns e follas de limoeiro elaboradas con papel de periódico e cinta de carroceiro. 

Este é o resultado final despois de tanto esforzo. 






Que froita gustou mais?

Os alumnos de 1º fixeron unha pequena investigación para coñecer que froita gustou mais no primeiro nivel. Tras recopilar os datos, os resumiron nunha táboa e como último paso, os representaron nun gráfico de barras. A froita gañadora foi o amorodo.

Quincena da froita


Durante a segunda quincena do mes de Maio degustamos fruta variada nas aulas grazas ao Programa Aliméntate ben subvencionado polo Fogga. Intentamos manter unha atención plena no momento de saborear, apreciar as texturas, observar as cores, partes das froitas...Foi todo un éxito! Cada día esperabamos con ansia a froita do día. 











Bodegón de ameixas


Os nenos e nenas de 2ºB aproveitando o proxecto do centro sobre o Patrimonio Galego centrámonos na ameixa e no pexego unhas froitas autóctonas da nosa comunidade e moi sabrosas.

Unha actividade moi interesante que fixemos foi coñecer un bodegon de ameixas do pintor galego Manuel Gandullo Nievas. Cada un o elaborou con diferentes técnicas pictóricas, como ceras brandas, puntillismo, raiado, entre outras.

Fixemos un traballo precioso!

Degustamos moitas froitas.


Durante a quincena da froita os nenos e nenas de 2ºB divertimonos moito probando moitas froitas como a sandía, o melón, os amorodos, a mazá, a pera,...

Pasamolo moi ebn!! E descubrimos sabores novos que nos encantaron!!

jueves, 7 de junio de 2018

MAZÁS ASADAS

MAZÁS    ASADAS


A mamá de Lucía, Mar, contounos como asaba mazás na lareira co seu avó Manuel.
Mentres as mazás se asaban, el contáballe contos a carón do lume.



miércoles, 23 de mayo de 2018

CON PERAS...COMEMOS

O outro día fixemos coa nai de Samu, un biscoito de pera Mmmmm!...estaba riquísimo.


CON PERAS... CANTAMOS

A nai de Samu, Lidia, ensinounos unha CANTIGA que lle cantaba a ela a súa mamá.



PREME EN "CANTIGA" PARA VER COMO CANTAN OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

lunes, 21 de mayo de 2018

RAPEANDO...

CANTIGAS NON NOS FALTARON,
TAMÉN NOS GUSTA CANTAR,
E SOMOS TAN ARTISTAS,
QUE ATA FIXEMOS UN RAP 
RAPEANDO  OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS














PREME EN "RAP" E "RAPENDO" PARA VER OS VÍDEOS DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS.

miércoles, 11 de abril de 2018

BISCOITO DE CASTAÑAS

CONVIDADA ESPECIAL!

Vanessa, a nai de Bruno, veunos facer un biscoito de castañas.

Estaba riquísimo!





ENTREVISTA

ENTREVISTA AO CASTAÑEIRO

Que ben o pasamos facéndolle preguntas!

Como se chama a árbore das castañas?

De onde saen as castañas?

Como se poden comer?

Os castañeiros de antes como facían?