Os nenos e nenas de 4º fixeron o traballo sobre as cereixas, algunhas das actividades realizadas son agochar unha cereixa nun cadro de Seoane, atopar refráns referentes as cereixas e investigar receitas de cereixas na casa; inventamos poesías na clase e velaí tedes o resultado.
Na computadora investigamos as festas relacionadas con este froito e reflexamos as máis importantes.
viernes, 29 de junio de 2018
miércoles, 27 de junio de 2018
Envasar froitos
Aproveitamos as noces para traballar co tema do aire. Vimos como todo ten aire e como se pode envasar ao vacío.
Froitos secos
A castiñeira baixo o castiñeiro
Magosto
Preparados para o magosto no que disfrutamos de múltiples actividades que tiñan como protagonistas os froitos secos. Como non, degustamos castañas, bailamos e cantamos coas pandereteiras e ata lle fixemos unha pequena entrevista ao castañeiro que nos visitou para asar e repartir a rica castaña. Mmmm!
Froitos secos e froitos carnosos
A partires dunha exposición elaborada por unha alumna de 1º A, fixemos unha actividade de clasificación de froitas carnosas e froitos secos. Deseñamos unha cesta facendo o entramado de mimbre con liñas paralelas, coloreamos e recortamos as froitas para pegalas na cesta correspondente.
Mural dos cítricos
Os alumnos de 1º realizamos un mural sobre os cítricos onde representamos todo o que coñecemos do patrimonio cultural galego relacionado con este tipo de froitas.
Comezamos facendo o fondo do mural para darlle un aspecto metalizado baseándonos na obra do pintor Quintana Martelo.
Coa axuda das familias fixemos unha recompilación de refráns, poemas, cantigas, adiviñas e chistes.
Rematamos elaborando unha biografía do pintor.
Como se pode ver, decoramos o mural con limóns e follas de limoeiro elaboradas con papel de periódico e cinta de carroceiro.
Este é o resultado final despois de tanto esforzo.
Que froita gustou mais?
Os alumnos de 1º fixeron unha pequena investigación para coñecer que froita gustou mais no primeiro nivel. Tras recopilar os datos, os resumiron nunha táboa e como último paso, os representaron nun gráfico de barras. A froita gañadora foi o amorodo.
Quincena da froita
Durante a segunda quincena do mes de Maio degustamos fruta variada nas aulas grazas ao Programa Aliméntate ben subvencionado polo Fogga. Intentamos manter unha atención plena no momento de saborear, apreciar as texturas, observar as cores, partes das froitas...Foi todo un éxito! Cada día esperabamos con ansia a froita do día.
Bodegón de ameixas
Os nenos e nenas de 2ºB aproveitando o proxecto do centro sobre o Patrimonio Galego centrámonos na ameixa e no pexego unhas froitas autóctonas da nosa comunidade e moi sabrosas.
Unha actividade moi interesante que fixemos foi coñecer un bodegon de ameixas do pintor galego Manuel Gandullo Nievas. Cada un o elaborou con diferentes técnicas pictóricas, como ceras brandas, puntillismo, raiado, entre outras.
Fixemos un traballo precioso!
Degustamos moitas froitas.
Durante a quincena da froita os nenos e nenas de 2ºB divertimonos moito probando moitas froitas como a sandía, o melón, os amorodos, a mazá, a pera,...
Pasamolo moi ebn!! E descubrimos sabores novos que nos encantaron!!
jueves, 7 de junio de 2018
MAZÁS ASADAS
MAZÁS ASADAS
A mamá de Lucía, Mar, contounos como asaba mazás na lareira co seu avó Manuel.
Mentres as mazás se asaban, el contáballe contos a carón do lume.
A mamá de Lucía, Mar, contounos como asaba mazás na lareira co seu avó Manuel.
Mentres as mazás se asaban, el contáballe contos a carón do lume.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)